1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
4º. Teléfono: 881 99 51 74.
5º. Telefax: 881 99 93 26.
6º Correo electrónico: contratación.cmati@xunta.es
7º Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23040
8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: 22/2015 CA.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministración.
b) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en marcha de equipamentos de medición de compostos químicos orgánicos e inorgánicos en aire ambiente con destino ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.
c) División por lotes e número: si.
– Lote 1: un (1) sistema portátil de cromatografía de gases-espectrometría de masa para análise de compostos orgánicos no aire ambiente.
– Lote 2: un (1) etalómetro para análise automática de Black carbón no aire ambiente.
– Lote 3: dous (2) analizadores automáticos de medida de dióxido de xofre (SO2) en aire ambiente.
– Lote 4: un (1) analizador automático de medida de dióxido de nitróxeno (NO2) e de óxidos de nitróxeno en aire ambiente (NOx).
d) Lugar de execucion/entrega: número 11.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e epígrafe F do seu cadro de características.
e) Prazo de entrega: número 11.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e epígrafe F do seu cadro de características.
f) Admisión de prórroga: non.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 38400000-9.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.
c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 6.5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato: 268.101,50 €.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 268.101,50 €, importe total: 324.402,82 €.
Lote 1. Importe neto: 190.146,00 €, importe total: 230.076,66 €.
Lote 2. Importe neto: 36.800,00 €, importe total: 44.528,00 €.
Lote 3. Importe neto: 26.296,00 €, importe total: 31.818,16 €.
Lote 4. Importe neto: 14.859,50 €, importe total: 17.980.00 €.
Esta contratación finánciase a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nunha porcentaxe máxima do 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 47.
6. Garantías exixidas:
Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE):
Lote 1: 9.507,26 €.
Lote 2: 1.840,00 €.
Lote 3: 1.314,80 €.
Lote 4: 742,98 €.
7. Subcontratación: de acordo co establecido no número 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 6.5.5 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas epígrafes J e K do seu cadro de características.
9. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: o 22 de agosto de 2015, ás 14.00 horas.
b) Modalidade: a sinalada no número 6.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Admisión de variantes: non.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
10. Apertura de ofertas:
a) Descrición: apertura pública.
b) Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora de apertura dos sobres B.
11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.
12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 13 de xullo de 2015.
Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2015
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas