Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx. 30704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, para a contratación do servizo de deseño e execución das campañas de divulgación e educación ambiental no centro de visitantes e centros de interpretación, rutas guiadas e atención ao voluntariado e ás persoas con diversidade funcional no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: 881 99 51 74.

5) Telefax: 881 99 93 26.

6) Correo electrónico: contratación.cmati@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23076

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 24/2015 CN.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: deseño e execución das campañas de divulgación e educación ambiental no centro de visitantes e centros de interpretación, rutas guiadas e atención ao voluntariado e ás persoas con diversidade funcional no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

c) Prazo de execución/entrega: tres meses.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 90712400-5.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 3.6.1. do prego de cláusulas administrativas particulares e na letra L do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 52.065,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 52.065,00 €. Importe total: 62.998,65 €. Esta contratación finánciase nun 80 % a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Encádrase no eixe 3, tema prioritario 55.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada na cláusula 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas letras J e K do seu cadro de características.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidise en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a sinalada na cláusula 3.4. do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O dito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil de contratante a data e a hora da apertura dos sobres B e C.

10. Subcontratación: de acordo co establecido no número 6.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas