Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx. 30694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración de equipamento para a toma de mostras e análises para o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo dun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 51 74.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: contratación.cmati@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 23059

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 25/2015 CA.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de equipamento para a toma de mostras e análises para o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

c) División por lotes e número: si.

– Lote 1: sistema de fluxo segmentado para análises de fósforo total en augas continentais e mariñas.

– Lote 2: captadores de alto volume secuencial para partículas en inmisión.

– Lote 3: material volumétrico de vidro e equipos de medida volumétrica.

– Lote 4: espectrofotómetro ultravioleta (UV)-vis de dobre feixe.

– Lote 5: espectrofotómetro infravermello (IR) con transformada de Fourier para aplicación de determinación de aceites e graxas en augas.

– Lote 6: acondicionador de tubos con controlador de temperatura programable.

d) Lugar de execución/entrega: número 11.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e epígrafe F do seu cadro de características.

e) Prazo de entrega: número 11.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e epígrafe F do seu cadro de características.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 31682210-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 6.5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 175.717,36 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 175.717,36 €, importe total: 212.618,01 €:

Lote 1. Importe neto: 35.000,00 €, importe total: 42.350,00 €.

Lote 2. Importe neto: 45.517,36 €, importe total: 55.076,01 €.

Lote 3. Importe neto: 20.000,00 €, importe total: 24.200,00 €.

Lote 4. Importe neto: 28.000,00 €, importe total: 33.880,00 €.

Lote 5. Importe neto: 30.200,00 €, importe total: 36.542,00 €.

Lote 6. Importe neto: 17.000,00 €, importe total: 20.570,00 €.

Esta contratación finánciase a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nunha porcentaxe máxima do 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 48.

6. Garantías exixidas:

Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE):

Lote 1: 1.750,00 €.

Lote 2: 2.275,87 €.

Lote 3: 1.000,00 €.

Lote 4: 1.400,00 €.

Lote 5: 1.510,00 €.

Lote 6: 850,00 €.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 6.5.5 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas epígrafes J e K do seu cadro de características.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en día inhábil o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a sinalada no número 6.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B.

10. Subcontratación: de acordo co establecido no número 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas