Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30450

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (888/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 888/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Jiménez Díaz contra CTV, S.A., Uno TV, S.L., Dub Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Editorial Compostela S.A., Compañía de Radio Televisión de Galicia, S.A., Filmanova, S.L., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Doblesón, S.L., Televisión de Galicia, S.A., Vídeo Galicia, S.A., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxo ditame expresa:

«Que estimando a demanda interposta por Carlos Jiménez Díaz contra Televisión de Galicia, S.A., Radio-Televisión de Galicia, S.A., Editorial Compostela, S.A., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., CTV, S.A., Área 51 Factoría Audiovisual, S.L., Filmanova, S.L., Uno TV, S.L., Dub Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Bren Entertaiment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Vídeo Galicia, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A. e Doblesón, S.L., debo declarar e declaro que a relación laboral de Carlos Jiménez Díaz coa demandada Televisión de Galicia, S.A. ten carácter indefinido non fixo, con antigüidade desde o 2 de setembro de 1993 e categoría profesional de locutor, coas consecuencias legais inherentes á devandita declaración, e condeno a demandada a avirse á devandita declaración.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Vídeo Galicia, S.A., Voces Meigas, S.A., Doblesón, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2015

A secretaria xudicial