Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30449

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (107/2015).

Carmen Varela Rebolo, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 107/15 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rachid Ait Ahmad contra Loybo Vilar, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

Estimo integramente a demanda presentada por Rachid Ait Ahmad, asistido pola letrada Sra. Pérez Vega, contra Loybo Vilar, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento tácito producido con data de efectos do 12 de xaneiro de 2015.

Condeno a demandada a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación da presente resolución opte, comunicándollo a este xulgado, ben pola readmisión do demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento e o aboamento de salarios de tramitación desde o 12 de xaneiro de 2015 ata a data de notificación da presente resolución, a razón de 33,68 euros diarios, ben polo aboamento de indemnización por importe de 185,24 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberá anunciarse ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza.

E para que sirva de notificación en forma a Loybo Vilar, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 29 de xuño de 2015

A secretaria xudicial