1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministración.
b) Descrición do obxecto: subministración de ordenadores, impresoras para os distintos órganos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.
e) Data de publicación do anuncio de licitación:
DOG: 19.5.2014.
DOUE: 17.5.2014.
BOE: 31.5.2014.
3. Tramitación e procedemento.
a) Procedemento: aberto.
b) Tramitación: urxente.
4. Valor estimado do contrato: 1.612.000,00 €.
5. Orzamento base de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 1.612.000,00 € , máis 338.520,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.950.520,00 €, distribuíndose segundo os lotes:
Lote 1: adquisición de ordenadores completos (con pantalla), 1.400.000,00 € + IVE (294.000,00 €) = 1.694.000,00 €.
Lote 2: adquisición de impresoras, 212.000,00 € + IVE (44.520,00 €) = 256.520,00 €.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación:
– Lote 1: 18.11.2014.
– Lote 2: 18.11.2015.
b) Data de formalización do contrato:
– Lote 1: 14.1.2015.
– Lote 2: 5.3.2015.
c) Contratista:
– Lote 1: Tecnologías Plexus, S.L.
– Lote 2: Ricoh España, S.L.U.
d) Importe de adxudicación:
– Lote 1: 1.321.320,00 (IVE incluído).
– Lote 2: 193.888,46 € (IVE incluído).
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2015
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia