Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de material funxible e reactivos para a realización de ensaios microbiolóxicos e fisicoquímicos no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia (expediente MS-CON1-15-020).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es .

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 17.8.2015.

d) Número de expediente: MS-CON1-15-020.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de material funxible e reactivos para a realización de ensaios microbiolóxicos e fisicoquímicos no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, 3 lotes.

d) Prazo de execución/entrega: doce (12) meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 33124130-5 (lotes 1 e 3), 33696500-0 (lote 2).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios valorables de forma automática (sobre B)

Oferta económica

Prazo de entrega

0-90

0-10

4. Valor estimado do contrato: 344.884,13 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 143.701,72 euros. Importe total: 173.879,08 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxanse os números 16 e 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 17.8.2015.

Se o último día do prazo de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si; véxase o número 26 da folla de especificacións do prego.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 1.7.2015.

12. Outras informacións: véxanse as follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos