Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración de licenzas de uso do software de xestión do posto de traballo corporativo da Xunta de Galicia (expediente 15/2015).

1. Entidade adxudicadora.

b) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

c) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de licenzas de uso do software de xestión do posto de traballo corporativo da Xunta de Galicia, incluíndo todos os servizos de actualización e soporte durante a vixencia do contrato.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 14.1.2015.

DOUE: 10.1.2015.

BOE: 23.1.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 720.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 240.000,00 €, máis 50.400,00 € en concepto de IVE (21 %), o que supón un total de 290.400,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 16.4.2015.

b) Data de formalización do contrato: 20.5.2015.

c) Contratista: Ednon, S.L.

d) Importe de adxudicación: 283.012,95 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia