Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración dunha plataforma de protección ante ataques de denegación de servizo para a Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 25/2014).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e implantación de equipamento para a protección da infraestrutura informática e de telecomunicacións da Xunta de Galicia ante ataques de denegación de servizo.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 9.6.2014.

DOUE: 7.6.2014.

BOE: 21.6.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 743.000,00 € (setecentos corenta e tres mil euros).

5. Orzamento base de licitación: 743.000,00 € (setecentos corenta e tres mil euros), máis 156.030,00 € (cento cincuenta e seis mil trinta euros) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un orzamento total do expediente do gasto de 899.030,00 € (oitocentos noventa e nove mil trinta euros).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 6.11.2014.

b) Data de formalización do contrato: 5.12.2014.

c) Contratista: Emetel Sistemas, S.L.

d) Importe de adxudicación: 580.424,22 € (cincocentos oitenta mil catrocentos vinte e catro euros con vinte e dous céntimos), máis 121.889,09 € (cento vinte e un mil oitocentos oitenta e nove euros con nove céntimos) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 702.313,31 € (setecentos dous mil trescentos trece euros con trinta e un céntimos).

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia