Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30505

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración dun grupo electróxeno para o CPD integral da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 04/2015).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministrción dun grupo electróxeno para o CPD integral da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 13.11.2014.

DOUE: 7.11.2014.

BOE: 25.11.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 352.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 352.000,00 €, máis 73.920,00 € en concepto de IVE (21 %), o que supón un total de 425.920,00.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 20.5.2015.

b) Data de formalización do contrato: 18.6.2015.

c) Contratista: Finanzauto, S.A.

d) Importe de adxudicación: 268.000,00 € (douscentos sesenta e oito mil euros), máis 56.280,00 € (cincuenta e seis mil douscentos oitenta euros) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 324.280,00 € (trescentos vinte e catro mil douscentos oitenta euros).

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia