Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición da disolución practicada en virtude de auto xudicial da entidade Covicoruña, Sociedade Cooperativa Galega, en liquidación.

En cumprimento do disposto no artigo 62 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, aprobado polo Decreto 430/2001, do 18 de decembro, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a disolución da entidade Covicoruña, Sociedade Cooperativa Galega, en liquidación, practicada en virtude do auto do Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña, do 10 de febreiro de 2015, recaído no procedemento concursal sección V, liquidación 0000018/2015-N, sobre concursos voluntarios, dando así apertura á fase de liquidación.

A Coruña, 15 de xuño de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña