Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30070

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construcción dunha instalación eléctrica no concello de Carballeda de Valdeorras (expediente IN407A 2015/44-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Pizarras Valdacal, S.L.

Domicilio social: A Medua, s/n, Sobradelo, 32335 Carballeda de Valdeorras.

Denominación: LMT, CT para nave nas Forcadas-Valdacal.

Situación: Carballeda de Valdeorras.

Características técnicas:

LMT aerosubterránea a 20 kV de 1258 m en aéreo con condutor LA-56 e 5 m en subterráneo con condutor RV, e con orixe na LMT existente de Unión Fenosa Distribución, S.A. e remate no CT proxectado prefabricado de 500 kVA e R/T 20.000/400-230 V na nave As Forcadas-Valdacal-Riodolas.

Orzamento: 64.242,05 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 30 de xuño de 2015

P.S.L. (Decreto 110/2013 de 4 de xullo)
Juan Ramón Velasco González
Xefe do servizo de Administración Industrial