Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de restauración, mantemento e limpeza de varias instalacións xuvenís na provincia de Lugo (expediente 21/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Número de expediente: 21/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de restauración, mantemento e limpeza de varias instalacións xuvenís na provincia de Lugo.

c. Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 87, do 11 de maio de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación ordinaria e procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 206.164,09 €. IVE (10 %): 20.616,41 €.

Importe total: 226.780,50 €.

5. Formalización:

a) Data: 17 de xuño de 2015.

b) Contratista: Galicia Vella de Inversiones y Logística, S.L. (CIF B36932309).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 206.164,09 €. IVE (10 %): 20.616,41 €.

Importe total: 226.780,50 €.

Lugo, 19 de xuño de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo