Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29797

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1255/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1255/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Flor Gómez Rodríguez contra Yare 2010, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Flor Gómez Rodríguez contra a entidade Yare 2010, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Yare 2010, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 1.178,61 euros brutos polos salarios devindicados en agosto e setembro de 2013, a compensación económica polas vacacións non gozadas do ano 2013 e a cantidade de 400,64 euros brutos por horas extras, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Yare 1010, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de xuño de 2015

A secretaria xudicial