Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29796

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1375/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1375/2012 por instancia de José Luis Gestal Candal contra Makore Madera de Diseño, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 6.5.2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estimo integramente a demanda formulada por José Luis Gestal Candal contra a empresa Makore Madera de Diseño, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa Makore Madera de Diseño, S.L. a aboar ao demandante a suma de seis mil novecentos quince euros con vinte e un céntimos (6.915,21); os conceptos salariais devindicarán os xuros moratorios previstos no artigo 29.3 do ET.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Malore Madera de Diseño, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 26 de xuño de 2015

A secretaria xudicial