Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29763

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2015 pola que se dispón a publicación do acordo de encomenda de xestión consistente na elaboración dun informe técnico para a valoración dos criterios contidos nas proposicións técnicas (sobre B) dos licitadores que presentaron ofertas no contrato de obras de urbanización dos sistemas xerais da primeira fase da plataforma loxística e industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan).

O Instituto Galego da Vivenda e Solo e a axencia pública autonómica Axencia Galega de Infraestruturas subscribiron, con data 19 de xuño de 2015, un acordo polo que se lle encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a realización do informe técnico para a avaliación dos criterios dependentes dun xuízo de valor, segundo o establecido no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, que conteñen as proposicións técnicas (sobre B) dos licitadores que presentaron ofertas no contrato de obras de urbanización dos sistemas xerais da primeira fase da plataforma loxística e industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan) Plisan-2015/URB01; a dita encomenda intersubxectiva foi autorizada pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Para xeral coñecemento, e en cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 9 da Lei 16/2000, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia disponse a súa publicación.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2015

P.D. (Resolución 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo