O Consello de Goberno desta universidade, na su sesión do 5 de xuño de 2015, acordou, logo de petición do profesorado interesado, co informe favorable do departamento correspondente e examinadas as solicitudes razoadas e os seus currículos, o cambio de denominación das prazas de profesorado universitario que se relacionan no anexo.
En aplicación do dito acordo, resolvo modificar a denominación da área das prazas do profesorado universitario que se relaciona e segundo se detalla no anexo. O que se fai público para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2015
Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Apelidos e nome |
Corpo docente |
Área a que pertence |
Área solicitada |
Iglesias Casal, Ana |
Profesora titular de Universidade |
Economía Aplicada |
Métodos Cuantitativos para a Economía e a Empresa |
López Andión, Mª del Carmen |
Profesora titular de Universidade |
Economía Aplicada |
Métodos Cuantitativos para a Economía e a Empresa |
Rodríguez González, Xosé Antón |
Profesor titular de Universidade |
Economía Aplicada |
Métodos Cuantitativos para a Economía e a Empresa |