Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29761

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2015 pola que se amplía a dotación orzamentaria prevista inicialmente na Resolución do 18 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de aforro e eficiencia enerxética referidos á renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes nos concellos de Galicia (ILE), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

Mediante a Resolución do 18 de marzo de 2015 desta dirección referida no encabezamento, publicada no Diario Oficial de Galicia número 60, do 30 de marzo de 2015, acordouse a aprobación das bases reguladoras xunto coa convocatoria de subvencións, cuxo procedemento administrativo de concesión se tramitará en réxime de concorrencia competitiva, para a renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE) nos concellos de Galicia baseadas en tecnoloxías obsoletas por outras máis eficientes, co conseguinte aforro enerxético.

Tal e como consta na parte expositiva da citada resolución, o financiamento desta convocatoria faise con cargo aos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia para o ano 2015, sendo a procedencia dos fondos de diversa natureza: fondos propios do Inega, fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e fondos de compensación interterritorial (FCI) que cofinancian.

O artigo 3 das bases reguladoras, relativo ao financiamento, prevé unha dotación inicial de 1.340.306,76 euros con cargo á aplicación orzamentaria 08.A2.733A.761.0. Porén, no parágrafo segundo dese mesmo artigo establécese a posibilidade de incrementar o crédito coa condición dunha maior dispoñibilidade derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Na aplicación orzamentaria correspondente existe crédito dispoñible e, co fin de atender as solicitudes admitidas para participar nesta convocatoria, cómpre ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente.

Polo anteriormente exposto, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Ampliar a dotación de fondos inicialmente prevista para esta convocatoria na contía de 194.167,00 euros, polo que o importe total asignado para estas axudas con cargo á aplicación orzamentaria 08.A2.733A.761.0 tras esta ampliación ascende a 1.534.473,76 euros, de acordo coas variacións recollidas na seguinte táboa:

Financiamento previsto inicialmente
nas bases reguladoras

Variacións (€)

Importe

definitivo (€)

Modalidade de fondos

Importe inicial (€)

Fondos propios do Inega

518.385,00

0,00

518.385,00

Fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013

657.537,47

155.333,62

812.871,09

Fondos de compensación interterritorial que cofinancian

164.384,29

38.833,38

203.217,67

Total

1.340.306,76

194.167,00

1.534.473,76

Segundo. A presente ampliación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia