Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29571

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1889/2013-MFV).

Tipo e número de recurso: recurso suplicación 1889/2013-MFV

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 475/2011, Xulgado do Social número 1 de Ferrol

Recorrentes: Izar Construcciones Navales, S.A, Navantia, S.A.

Avogados: Jorge Manuel Vázquez Miranda, Francisco Javier García Ruiz

Procurador: Luis Sánchez González

Recorridos: María del Carmen Alvariño Crespo, María Mercedes Dopico Alvariño, Daniel Dopico Alvariño, Montajes Alfer, Innaval, S.L.

Avogada: María Celia Veiga Ramos-CC OO/edictos (empresas)

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1889/2013 desta sala, seguido por instancia de Izar Construcciones Navales, S.A. e Navantia, S.A. contra María del Carmen Alvariño Crespo, María Mercedes Dopico Alvariño, Daniel Dopico Alvariño, Montajes Alfer e Innaval, S.L., sobre outros dereitos seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola Empresa Navantia, S.A. e estimando en parte o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da empresa Izar Construcciones Navales, S.A., en liquidación, contra a sentenza do vinte e oito de decembro de dous mil doce ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Ferrol ditado nos autos nº 475/20111 seguidos por instancia de María del Carmen Alvariño Crespo, María Mercedes Dopico Alvariño e Daniel Dopico Alvariño fronte a Izar Construcciones Navales, S.A., Navantia, S.A., Montajes Alfer, Innaval, S.L., sobre reclamación de cantidade, debemos condenar e condenamos solidariamente as demandadas Izar Construcións Navales, S.A., en liquidación, e Navantia, S.A. ao pagamento a Mª del Carmen Alvariño Crespo da cantidade de 89.167,06 euros e a Mercedes e Daniel Dopico Alvariño a cada un deles a cantidade de 7.430,58 euros, desestimando as restantes pretensións contidas no recurso. Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar o depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste. Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++). Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma ás empresas Innaval, S.L. e Montajes Alfer, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xuño de 2015

A secretaria xudicial