Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 23 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se require documentación aos beneficiarios de diversos procedementos xestionados nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 76 e 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, cos requirimentos de emenda ditados nos procedementos instados polos interesados, requírense para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto en el Boletín Oficial del Estado, acheguen os documentos que se indican no anexo, advertíndolles que de non facelo así se producirán os efectos recollidos no citado anexo. No mesmo prazo antes sinalado e de acordo co previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representados, na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, nº 9).

A Coruña, 23 de xuño de 2015

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº expte.

Concello

Documentación requirida

Efectos

Bellas Chao, María Rosario

32568040V

340/X/02

A Coruña

IRPF 2014, capital mobiliario e convenio regulador

Suspensión

Villar Rouco, Antonio

76404311J

2078/I/93

Ferrol

Contradicións

Suspensión