Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 19 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación da resolución dun expediente tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a seguir se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente nesta xefatura territorial.

A persoa interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Traballo e Benestar; rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro da resolución, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

– Nº de expediente: 2013/155-5.

– Interesado: José Luis López Fontán.

– Enderezo: descoñecido.

– Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 28 de maio de 2015.

Vigo, 19 de xuño de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo