Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 13 de xullo de 2015 Páx. 29066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2015/016-1).

Expediente: IN407A 2015/016-1.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación: centro de seccionamento da Barreira.

Concello: A Laracha.

Características técnicas:

Novo centro de seccionamento (CS) tipo PFU-5, con un transformador de 50 kVA, catro celas de liña e unha de protección, todas elas con illamento en SF6. Desmóntanse os centros de transformación de Estoril e A Barreira e conéctanse as RBT ao novo centro de seccionamento da Barreira proxectado.

Reforma das liñas de media tensión existentes, que se manobrarán desde o CS proxectado:

LMT Cillobre-Estramil: reforma dun treito da LMT Cillobre-Estramil-Lendo (expediente 51.892). Proxéctase un novo treito de LMTA de 200 m de lonxitude, en condutor nu tipo LA-56 co inicio no apoio nº 20 proxectado que substitúe o existente e final no apoio nº 22 proxectado, onde se realizará o paso de aéreo a subterráneo da liña principal nas inmediacións do CS.

LMT a CT Cruceiro Lendo, LMT Campo da Porta e LMT a CT Estramil II: substitución do apoio nº 23 da LMT Cillobre-Estramil-Lendo (expediente 51.892), que fará as funcións de final de liña, no cal se retensarán os condutores existentes das liñas aéreas tipo LA-30. Neste apoio realizaranse os pasos de subterráneo a aéreo das LMT subterráneas.

Proxéctase a desmontaxe do treito de liña aérea entre o apoio nº 20, que se intercalará na LMT Cillobre-Estramil-Lendo, e o apoio proxectado, no cal se farán os tres pasos aero-subterráneos das liñas proxectadas, en condutor nu de tipo LA-56, así como da derivada ao CT Estramil, en condutor nu de tipo LA-30.

Para alimentar o CS proxectado e enlazar coas LMTS aéreas existentes, proxéctanse os seguintes treitos de LMTS subterráneas:

– LMT subterránea a CS A Barreira cunha lonxitude de 24 m, en condutor de tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3 (1×150 Al), con orixe no paso de aéreo a subterráneo que se realizará no apoio nº 22 proxectado, e final no centro de seccionamento proxectado.

– LMT subterránea a CT Cruceiro Lendo, LMT subterránea Campo da Porta e LMT subterránea a CT Estramil II, cunha lonxitude de 547 m, en condutor de tipo RHZ1-2OL- 12/20 kV, 3 (1×150 Al), con orixe nas celas de liña que se instalarán no centro de seccionamento proxectado e final no paso de subterráneo a aéreo que se realizará no apoio nº 23 proxectado.

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que acompaña esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puido realizar, e desta maneira dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre eles, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 20 de maio de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2015/016.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación: centro de seccionamento da Barreira.

Concello: A Laracha.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Predios

Propietarios/as

Afeccións

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Servidume
de voo

Centro de seccionamento

Servidume subterránea

Superf. (m²)

ml aér.

Superf. (m²)

Superf. (m²)

Servidume de acceso a CS (m²)

ml subt.

Superf. (m²)

1

Telleira

Prado

Juana Outón Lago

20

2

18

271

2

Telleira

Prado

Maderas Añón Esmorís, S.L.

½ 21

1

71

1.143

3

Telleira

Prado

Descoñecido

½ 21 e 22

11

112

1.792

36

115

27

81

4

Chousa Vella

Monte alto

Descoñecido

23

10

59

117

Dereito mineiro Fortuna e demasía número 4299, concesión de explotación a favor de Puente Lendo, S.L.