O Decreto 49/2015, do 26 de marzo, publicado no DOG número 68, do 13 de abril, crea o instituto de educación secundaria de Carral, no concello de Carral.
En consecuencia, de conformidade co disposto no Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que determina a competencia desta en materia de creación, supresión, transformación, clasificación, autorización e organización dos centros escolares, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo único. Posta en funcionamento dun centro educativo
Autorízase a posta en funcionamento do centro cuxos datos figuran a continuación:
Provincia: A Coruña.
Concello: Carral.
Localidade: Carral.
Enderezo: Costa do Pincho, s/n.
Código do centro: 15032923.
Denominación: instituto de educación secundaria de Carral.
Unidades: 12 unidades de educación secundaria obrigatoria.
Disposición derradeira primeira. Autorización para ditar instrucións
Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar todos os actos e medidas necesarios para a aplicación desta orde.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2015
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria