O Decreto 50/2015, do 26 de marzo, publicado no DOG número 68, do 13 de abril, crea o instituto de educación secundaria de Culleredo, por desagregación do IES Eduardo Blanco Amor da mesma localidade.
En consecuencia, de conformidade co disposto no Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que establece a competencia desta en materia de creación, supresión, transformación, clasificación, autorización e organización dos centros escolares, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo único. Posta en funcionamento dun centro educativo
Autorízase a posta en funcionamento do centro cuxos datos figuran a continuación:
Provincia: A Coruña.
Concello: Culleredo.
Localidade: Rutis.
Enderezo: avenida de Rutis, s/n.
Código do centro: 15032935.
Denominación: instituto de educación secundaria de Culleredo.
Unidades: 12 de educación secundaria obrigatoria e 4 de bacharelato.
Disposición derradeira primeira. Autorización para ditar instrucións
Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar todos os actos e medidas necesarios para a aplicación desta orde.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor con efectos do 1 de setembro de 2015.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2015
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria