Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 15 de xuño de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado San Paio a favor dos veciños de San Paio, na parroquia de San Xoán de Piñeiro, no concello de Maside (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar no 3 de xuño de 2015, adoptou a seguinte resolución:

«Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado San Paio, a favor dos veciños de San Paio, na parroquia de San Xoán de Piñeiro, no concello de Maside (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. No 9 de xaneiro de 2014 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Manuel Fernández Gómez e José Álvarez Soutullo, en representación dos veciños de San Paio, no cal solicitaron a clasificación como veciñal en man común do monte denominado San Paio.

Segundo. No 19 de febreiro de 2015, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro e abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. Os interesados formularon escrito de alegacións contra o acordo de inicio da clasificación do monte, no cal sinalaron que existía un erro na súa denominación, xa que este pertence exclusivamente aos veciños de San Paio, sendo San Xoán de Piñeiro a parroquia. De acordo cos reclamantes, Piñeiro tamén é un dos lugares da parroquia, pero que ten outros montes que non se corresponden con aqueles que se pretenden clasificar. Na documentación que consta no expediente o Xurado observou que no censo de comuneiros do monte todos eles pertencen ao lugar de San Paio, o que corroboraría as alegacións formuladas, polo que o Xurado acordou a clasificación do monte veciñal en man común como pertencente exclusivamente os veciños de San Paio.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Nome do monte: San Paio.

Superficie: 26.446 m2 (2,64 ha).

Pertenza: veciños de San Paio.

Parroquia: San Xoán de Piñeiro.

Concello: Maside.

Estremas:

Parcela nº 1 (formada polas zonas 1 e 2). Superficie: 11.425 m2 (1,14 ha).

Norte (relación de parcelas de oeste a leste):

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Maside

15

Camiño

Concello de Maside

Leste (relación de parcelas de norte a sur):

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Maside

15

1246

José Benito Corral Castro

1247

Camilo Peña Álvarez

1245

?

9001

Estrada OU-0523

1952

?

1953

?

1954

?

Sur (relación de parcelas de leste a oeste):

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Maside

15

1272

?

1271

?

Oeste (relación de parcelas de sur a norte):

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Maside

15

1249

Inés Corral Castro

1248

Inés Corral Castro

Parcela nº 2 (corresponderíase coa zona 3). Superficie 2.660 m2 (0,27 ha).

Norte (relación de parcelas de oeste a leste):

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Maside

18

736

608

José Luis Castro Vázquez

Leste (relación de parcelas de norte a sur):

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Maside

18

735

María Concepción Rodríguez Demanuel

Sur (relación de parcelas de leste a oeste):

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Maside

18

745

José Luis Castro Vázquez

746

Luis Rodríguez Rodríguez

747

Manuel Rodríguez González

749

Elsa Pérez Castro

748

Luis Rodríguez Rodríguez

Oeste (relación de parcelas de sur a norte):

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Maside

18

933

Olimpia Fernández Caramés

936

Adolfo Fernández González

Parcela nº 3 (corresponderíase coa zona 4). Superficie: 1.527 m2 (0,15 ha).

Norte (relación de parcelas de oeste a leste):

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Maside

18

521

?

953

?

Leste (relación de parcelas de norte a sur):

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Maside

18

603

Juan Fernández Pérez

600

Josefa Fernández Lama

598

Carmen Fernández Fernández

597

Marisa Rodríguez Rodríguez

Sur (relación de parcelas de leste a oeste):

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Maside

18

591

?

592

?

593

?

579

?

Oeste (relación de parcelas de sur a norte):

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Maside

18

533

?

532

?

531

?

529

?

Parcela nº 4 (formada polas zonas 5 e 6). Superficie: 10.834 m2 (1,08 ha).

Norte (relación de parcelas de oeste a leste):

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Maside

18

910

Emilio Peña Álvarez

284

Camilo Castro Fernández

Leste (relación de parcelas de norte a sur):

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Maside

18

285

Concepción Fernández Fernández

9003

Camiño

560

Ricardo Vázquez Álvarez

914

María Peña Álvarez

915

Virgilio Rodríguez González

918

Carmen Fernández Fernández

919

José Lama Gómez

561

Carmen Fernández Fernández

565

José Carlos Castro Estévez

566

Carmen Fernández Lamas

569

Víctor Manuel Peña Álvarez

920

Antonio Castro Peña

921

Víctor Manuel Peña Álvarez

573

Amelia Castro Fernández

Sur (relación de parcelas de leste a oeste):

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Maside

18

587

Rosa Álvarez Osorio

778

Ubaldo Rodríguez Pérez

780

En investigación

781

Hortensia Peña

785

José Carlos Fernández Castro

786

Celia Mato Álvarez

789

Ubaldo Rodríguez Pérez

792

María Lidia Fernández Estévez

797

José González Pérez

796

Hortensia García Vázquez

Oeste (relación de parcelas de sur a norte):

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Maside

18

884

En investigación

9003

Camiño

955

Manuel Álvarez Vázquez

As catro parcelas están encravadas entre propiedades particulares.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da sala contencioso-administrativa do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa; correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña disfrutando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado San Paio, a favor dos veciños de San Paio, na parroquia de San Xoán de Piñeiro, no concello de Maside (Ourense) de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Ourense, 15 de xuño de 2015

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense