Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato pola Consellería de Sanidade do servizo de xestión integral da indumentaria para o persoal inspector veterinario oficial en establecementos de carnes frescas (matadoiros) da Comunidade Autónoma de Galicia (expediente AB-CON1-15-004).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-CON1-15-004.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de xestión integral da indumentaria para o persoal inspector veterinario oficial en establecementos de carnes frescas (matadoiros) da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Lote (no seu caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 98300000-6.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 462.758,40 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 257.088,00 euros. Importe total: 311.076,48 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 5 de maio de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 1 de xuño de 2015.

c) Contratista: Ilunion Lavanderías, S.A.U.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 254.517,12 euros. Importe total: 307.965,72 euros.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos