Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28803

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nogueira de Ramuín

ANUNCIO de licitación do servizo de explotación do servizo de embarcadoiro e edificio de recepción de visitantes no encoro de Santo Estevo.

De acordo coa Resolución da Alcaldía do 1 de xullo de 2015, por medio deste anuncio realízase a convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a explotación do servizo denominado embarcadoiro e edificio de recepción de visitantes no encoro de Santo Estevo, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Nogueira de Ramuín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Intervención.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Departamento de Secretaría.

2º. Enderezo: estrada a Nogueira, nº 3, Luíntra.

3º. Localidade e código postal: Nogueira de Ramuín, 32160.

4º. Teléfono: 988 20 10 23.

5º. Fax: 988 20 11 20.

6º. Enderezo de correo electrónico: secretaria@nogueiraderamuin.com

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.nogueiraderamuin.com

8º. Data límite de obtención de documentación e información: os cinco primeiros días naturais desde a publicación do anuncio no DOG.

d) Número de expediente: 226/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición: explotación do servizo de embarcadoiro e edificio de recepción de visitantes no encoro de Santo Estevo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: encoro de Santo Estevo (parroquia de Vilar de Cerreda).

2º. Localidade e código postal: Nogueira de Ramuín, 32160.

e) Prazo de duración: catro (4) anos.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisicións (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura):

63726500-9 - Servizo de amarradura de embarcacións.

63515000-2 - Servizo de viaxes.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase a cláusula XI do prego.

a) Proxecto de explotación: valorarase de 0 a 10 puntos ao xuízo motivado do comité de expertos.

b) Canon ofertado: valorarase de 0 a 20 puntos e corresponderalle a máxima puntuación ao maior canon ofertado.

c) Tarifas ofertadas: valorarase de 0 a 20 puntos e corresponderalle a máxima puntuación ao licitador que oferte o menor prezo.

4. Valor estimado do contrato: 192.000,00 euros (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 4.000,00 euros/mes (IVE excluído). Importe total: 4.840,00 euros/mes (IVE incluído).

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 9.600,00 € (correspondente ao 5 % do canon mínimo que percibirá o concello en atención á duración prevista no contrato).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo, categoría): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional (se é o caso): véxanse as cláusulas VIII e XIV do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: dispor da habilitación empresaria e/ou profesional necesaria para a execución da prestación que constitúe o obxecto do contrato (artigo 54.1 e 2 do texto refundido da Lei de contratos do sector público).

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o vixésimo día natural desde a publicación no DOG.

b) Modalidade de presentación: en papel.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Concello de Nogueira de Ramuín.

2º. Enderezo: estrada a Nogueira, nº 3, Luíntra.

3º. Localidade e código postal: Nogueira de Ramuín, 32160.

4º. Enderezo electrónico: secretaria@nogueiraderamuin.com

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación Provincial de Ourense.

b) Enderezo: rúa Progreso, nº 32.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32003.

d) Data e hora: o día seguinte hábil (agás sábados) a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario cun máximo de 3.000,00 euros.

11. Outras informacións.

Nogueira de Ramuín, 1 de xullo de 2015

José César Parente Pérez
Alcalde