Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da obra de reparación do edificio base de Urxencias Sanitarias 061 na Coruña (expediente AB-SER3-14-001).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-14-001.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: contratación da obra de reparación do edificio base de Urxencias Sanitarias 061 na Coruña.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45215100.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 52, do 17 de marzo de 2014, na web do Servizo Galego de Saúde e na plataforma de contratos de Galicia o 17 de marzo de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 267.655,55 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 267.655,55 €. IVA (%): 21 %. Importe total: 323.863,22 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 3 de xuño de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 8 de xuño de 2015.

c) Contratista: Ogmios Proyecto, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 248.000,00 €. IVA (%): 21 %. Importe total: 300.080,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta da adxudicataria foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. Poden verse os informes de valoración publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos