Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28209

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (135/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 135/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Alcalde Vázquez contra Cruz del Sur Sanidad Ambiental, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse sentenza número 139 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2015

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vendo os presentes autos número 135/2014, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de María del Carmen Alcalde Vázquez, asistida e representada polo letrado Evaristo Corujo Martínez, contra Cruz del Sur Sanidad Ambiental, S.L., que non comparece, sendo citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

(…)

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por María del Carmen Alcalde Vázquez contra a empresa Cruz del Sur Sanidad Ambiental, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar á demandante 3.747,19 euros, cantidade que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do ET, con condena ao Fogasa a estar e pasar por esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso segundo da LRXS.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Cruz del Sur, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2015

A secretaria xudicial