Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28207

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (324/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 324/2014 deste xulgado do social, seguido a instancia de José Manuel López Vigo, José Vázquez Millán, Antonio Cancela Rey, Manuel Ramón Calvo Fernández, Juan Carlos Landeira Fraga contra Acciona Infraestructuras, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Excavaciones Migasa, S.L. sobre ordinario, ditouse sentenza número 211 cuxos encabezamento e fallo son do teor literal:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vendo os presentes autos número 324/2014, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Antonio Cancela Rey, Manuel Ramón Calvo Fernández, José Manuel López Vigo, José Vázquez Millán, Juan Carlos Landeira Fraga, asistidos pola letrada Ángeles Cancela Regueiro contra Acciona Infraestructura, S.A., que comparece asistida pola letrada Marta María Farto Carro, Excavaciones Migasa, que non comparece, sendo citado o Fogasa, que non comparece, ditou esta sentenza.

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada e, en consecuencia, condeno solidariamente a Excavaciones Migasa, S.L. e Acciona Infraestructuras, S.A. a abonar a Antonio Cancela Rey 2.532,74 euros, a Manuel Ramón Calvo Fernández 2.881,50 euros, a José Vázquez Millán 2.881,50 euros, a Manuel López Vigo 1.875,15 euros e a Juan Carlos Landeira Fraga 1.249,45 euros. Condeno a Excavaciones Migasa, S.L. a pagar a Manuel López Vigo 1.115,15 euros e a Juan Carlos Landeira Fraga 1.740,85 euros, importes todos eles que devengarán os intereses do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores. Condeno o Fogasa a estar e pasar por esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro LRXS.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones Megasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2015

A secretaria xudicial