Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 28082

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 29 de maio de 2015, da Secretaría Xeral do Mar, polo que se notifica a resolución do expediente PE627A/número 114/2009.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, farase a notificación por medio dun anuncio publicado no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado á persoa interesada que se sinala no anexo, quedando a eficacia da presente notificación supeditada á súa publicación no BOE.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Secretaría Xeral do Mar, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que se proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente desta orde xurisdicional no prazo de dous meses, contados, en ambos os dous casos, a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2015

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar

ANEXO

Persoa interesada: Enrique Dieste Fernández.

Expediente: PE627A/número 114/2009.

Establecemento afectado: parque de cultivo núm. 705 - zona marítimo-terrestre (ZMT) de Carril-Vilagarcía de Arousa.

Acto de notificación: Resolución do 20 de abril de 2015, da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se acorda a extinción da autorización de primeira venda de produtos pesqueiros que non sexan obxecto de primeira venda en lonxa.

Último enderezo coñecido: Costa da Xalda, núm. 9, 3º B, 36610 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).