Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 28079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de xestión, información e certificación da marca de calidade dos produtos da pesca artesanal e do marisqueo (3 lotes) (expediente 12/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizos necesarios que permitan a xestión, información e certificación da marca de calidade dos produtos da pesca artesanal e o marisqueo («pescadeRías ¿de onde se non?»).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21809

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 2, do 5 de xaneiro de 2015.

e) División por lotes e número: si.

Lote 1: xestión da marca de calidade.

Lote 2: información e difusión da marca de calidade na restauración e nas diferentes canles de comercialización.

Lote 3: certificación da marca de calidade.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 205.000 €, IVE (21 %): 43.050 €, importe total: 248.050 €.

Valor estimado: 205.000 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

Lote 1: xestión da marca de calidade.

a) Data da resolución de adxudicación: 8 de abril de 2015.

b) Adxudicataria: Ideara, S.L.

c) Importe: 90.250,00 € (sen IVE).

IVE 21 %: 18.952,50 €.

Importe total: 109.202,50 €.

d) Data de formalización do contrato: 16 de abril de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa (oferta técnica mellor valorada e oferta económica máis baixa).

Lote 2: información e difusión da marca de calidade na restauración e nas diferentes canles de comercialización.

a) Data da resolución de adxudicación: 26 de maio de 2015.

b) Adxudicataria: Ardora Formación y Servicios, S. Coop. Galega.

c) Importe: 70.400,00 € (sen IVE).

IVE 21 %: 14.784,00 €.

Importe total: 85.184,00 €.

d) Data de formalización do contrato: 1 de xuño de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta que acadou a mellor puntuación, logo da retirada da oferta economicamente máis vantaxosa.

Lote 3: certificación da marca de calidade.

a) Data da resolución de adxudicación: 8 de abril de 2015.

b) Adxudicataria: Bureau Veritas Iberia, S.L.U.

c) Importe: 24.000,00 € (sen IVE).

IVE 21 %: 5.040,00 €.

Importe total: 29.040,00 €.

d) Data de formalización do contrato: 20 de abril de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta presentada e cumpre cos requisitos establecidos nos pregos.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar