En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.
d) Data de publicación no perfil do contratante: 20 de febreiro de 2015.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: contratación das tarefas para levar a cabo a planificación, deseño e realización dunha semana de promoción de Galicia en Milán co gallo da Exposición Internacional que se vai celebrar na cidade italiana do 1 de maio ao 31 de outubro do ano 2015.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios.
4. Orzamento base de licitación: 179.544,00 €, IVE excluído.
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 27 de maio de 2015.
b) Data de formalización do contrato: 10 de xuño de 2015.
c) Adxudicataria: Ute José Fajardo, S.L., In9 Eventos, S.L.
d) Importe de adxudicación: 157.500,00 €, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2015
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia