Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 27993

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 17 de xuño de 2015 pola que se autoriza a posta en funcionamento do colexio de educación infantil e primaria de Oleiros, no concello de Oleiros.

O Decreto 51/2015, do 26 de marzo, publicado no DOG núm. 68, do 13 de abril, crea o colexio de educación infantil e primaria de Oleiros.

En consecuencia, de conformidade co establecido no Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que establece a competencia desta en materia de creación, supresión, transformación, clasificación, autorización e organización dos centros escolares, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único. Autorízase a posta en funcionamento do centro cuxos datos figuran a continuación:

Provincia: A Coruña.

Concello: Oleiros.

Localidade: San Pedro de Nós.

Enderezo: rúa Salvador Allende, 43.

Código do centro: 15032911.

Denominación: colexio de educación infantil e primaria de Oleiros.

Unidades: 6 de educación infantil e 12 de educación primaria.

Disposición derradeira primeira

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar todos os actos e medidas necesarias para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor con efectos do un de setembro de dous mil quince.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria