Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 28065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ACORDO do 1 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se dá publicidade ao inicio de expedientes de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, procédese a dar publicidade á parte substantiva dos acordos adoptados pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Lugo:

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que, consonte o previsto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situada na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Atención, Participación e Empregabilidade de Estudantes Universitarios do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditará resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Con todo, no suposto de que os interesados estean conformes coa obriga do reintegro, poderán facer efectivo o reintegro en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente».

Lugo, 1 de xuño de 2015

María del Carmen Gueimunde González
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesada: Guzmán Rodríguez, Teresa. Monforte de Lemos (Lugo).

NIF: 34274896C.

Importe: 2.338,52 €.

Curso: 2013/14.

Causa: 1.10.

Interesado: Leguizamón Bravo, Johan. Monforte de Lemos (Lugo).

NIF: X9391916G.

Importe: 260,00 €.

Curso: 2013/14.

Causa: 1.10.

Interesado: Rodríguez Ferreiro, Pablo. Santa Isabel (Lugo).

NIF: 34278480Q.

Importe: 708,60 €.

Curso: 2013/14.

Causa: 1.10.

Interesado: Tinjaca Vélez, Jhon Steven. Monforte de Lemos (Lugo).

NIF: 20911700P.

Importe: 913,00 €.

Curso: 2013/14.

Causa: 7.28.