Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 28063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Oia (expediente IN407A 2015/79-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidrotide, A.I.E.

Domicilio social: rúa Martínez Padín, 4-1º B, 36700 Tui.

Denominación: D.U.P. e modificado da LMT de evacuación da C.H. de Burgueira.

Situación: Oia.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 160 metros de lonxitude, con orixe na central hidroeléctrica de Burgueira, no río Tamuxe, e final no apoio nº 2 da liña aérea de evacuación existente. A liña aérea existente consta de 7 apoios e ten unha lonxitude de 1.120 metros. A instalación está situada nos lugares de Loureza e Burgueira, concello de Oia.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000, anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 16 de xuño de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio nº 1. Municipio: Oia; referencia catastral: 36036A031009080001WW; titular: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Burgueira; afeccións: 25 m de liña subterránea, 1.120 ml de liña aérea con 12.463,12 m2 de voo e 28 m2 para 7 apoios.

Predio nº 2. Municipio: Oia; referencia catastral: 36036A031009620000QE; titular: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Loureza; afeccións: 160 m de liña subterránea cunha superficie que se gravará de 112 m2 (160×0,70).