Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 28067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a desistencia do procedemento de adxudicación do lote 1 incluído no expediente de contratación do servizo de limpeza dos centros educativos dependentes da Consellería (6 lotes), contratación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Subdirección Xeral de Centros. Servizo de Centros.

c) Número de expediente: ED-01/2015-DXCRH.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza integral das instalacións educativas dos centros educativos especificados en cada lote.

c) División por lotes e número de lotes: si, 6 lotes.

d) Lugar de execución: nos centros educativos especificados en cada lote.

e) Prazo de execución: dous anos, desde o 1 de setembro de 2015 ata o 31 de agosto de 2017.

f) Clasificación: grupo U, subgrupo 1. A categoría da clasificación establecerase en función da suma dos orzamentos de licitación dos lotes a que concorran os licitadores.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Desistencia.

A mesa de contratación, en sesión celebrada o día 28 de maio de 2015, adoptou o seguinte acordo: desistir do procedemento de adxudicación do lote 1, incluído no expediente de contratación do servizo de limpeza dos centros educativos dependentes da Consellería (6 lotes), exp.: ED-01/2015-DXCRH, por considerar que existen erros non emendables no punto 4 do prego de prescricións técnicas (persoal preciso durante a vixencia do contrato), no que se refiere ao mencionado lote 1, que imposibilita a adxudicación deste.

5. Orzamento base de licitación.

Prezo: o importe neto do contrato é de 2.658.885,19 €, máis 558.365,89 €, en concepto de IVE, resultando unha cantidade total de 3.217.251,08 €.

O orzamento desagregado por lotes é o seguinte:

Lote

Orzamento sen IVE

IVE 21 %

Orzamento con IVE

Lote 1

426.124,70

89.486,19

515.610,89 desistido

Lote 2

456.752,58

95.918,04

552.670,62

Lote 3

348.829,08

80.814,10

465.643,18

Lote 4

478.995,69

100.589,10

579.584,79

Lote 5

452.757,46

95.079,07

547.836,53

Lote 6

459.425,68

96.479,39

555.905,07

6. Data de envío deste anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 22 de xuño de 2015.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2015

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria