O Fondo Galego de Garantía Agraria recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia solicitude de remisión do expediente relativo aos recursos contencioso-administrativos PO 4134/2015, interposto por Unións Agrarias (UPA), e PO 4143/2015, interposto por Agroamb, Unión Temporal de Empresas, contra a Orde do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.
En consecuencia, a Dirección do Fogga acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nov (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2015
Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria