De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; despois de intentada a notificación persoal, de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se puidese practicar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial do Instituto Galego de Consumo da Coruña.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5, baixo, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2015
Sol María Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo
ANEXO
Expediente: 15R001/140/2015.
Interesada: Milla Sport SV, S.C.
CIF/NIF: G70164116.
Acto notificado: resolución de expediente.