Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27891

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 16 de xuño de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación dun expediente de clasificación de montes desta provincia (expediente 5/2015).

Ante este xurado provincial de montes veciñais en man común tramítase o expediente de clasificación do monte que ten as seguintes características:

Expediente: 5/2015.

Denominación: Biduedo (ampliación).

Comunidade propietaria: veciños/as do lugar de Biduedo.

Parroquia: Lamas.

Concello: Triacastela.

Superficie: 8,56 hectáreas.

Estremas:

Norte: polígono 37, parcela 9003 (estrada); polígono 44, parcelas 251, 393, 394, 395, 385, 384, 382, 381 e 380.

Leste: polígono 44, parcela 368, 369 e 367.

Sur: polígono 44, parcelas 366, 362, 361, 360 e 359.

Oeste: polígono 44, parcelas 351, 354, 347, 346, 345, 344 e 541.

En virtude do acordado polo xurado na sesión do 26 de febreiro de 2015 e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común (MVMC), por este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a aquelas persoas, organismos ou corporacións que resulten interesadas a posibilidade de compareceren e interviren no expediente iniciado e formularen, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten, e de achegaren, de ser o caso, a documentación que consideren conveniente ao respecto.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 16 de xuño de 2015

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo