Perante este xurado provincial de montes veciñais en man común, tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:
Expediente: 4/2015.
Denominación: de Mariz (ampliación).
Comunidade propietaria: veciños/as da parroquia de Mariz.
Parroquia: Mariz.
Concello: Guitiriz.
Superficie: 47,16 hectáreas, dispostas en tres pezas separadas.
Estremas da peza 1:
Norte: polígono 278, parcelas 459, 465, 466, 467, 469, 470, 471, 472.
Leste: polígono 278, parcela 570.
Sur: polígono 278, parcelas 439, 438, 435, 434, 433, 432, 430 e 441.
Oeste: polígono 278, parcela 449.
Estremas da peza 2:
Norte: polígono 278, parcelas 441, 430, 431, 432, 433, 584, 438, 440, 570, 569, 574 e 576.
Leste: polígono 263, parcela 131; polígono 278, parcelas 73, 72, 76, 77, 78, 79, 80, 85, 87, 96; polígono 276, parcela 10.
Sur: polígono 276, parcelas 9004 (camiño) e 70; polígono 278, parcela 9024 (camiño).
Oeste: polígono 278, parcelas 9024 (camiño), 193, 194, 196, 97, 204, 207, 424, 9022 (camiño), 386 e 580.
Enclaves: polígono 278, parcelas 107, 108, 106, 114, 115, 116 e 117.
Estremas da peza 3:
Norte: polígono 263, parcelas 207 e 9037 (estrada).
Leste: polígono 263, parcelas 9024 (camiño) e 268.
Sur: polígono 263, parcelas 9023 e 9024 (camiños).
Oeste: polígono 263, parcela 535.
En virtude do acordado polo xurado na sesión do 26 de febreiro de 2015 e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común (MVMC), por este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.
En conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles a aquelas persoas, organismos ou corporacións que resulten interesadas a posibilidade de comparecer e intervir no expediente iniciado e formular, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten e achegar, de ser o caso, a documentación que consideren conveniente ao respecto.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, se ben a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Lugo, 16 de xuño de 2015
José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado de Montes Veciñais en Man Común de Lugo