De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, se ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).
Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.
Vigo, 16 de xuño de 2015
Manuel Lago Molares
Instrutor
ANEXO
Expediente: PSC-PO-0247/2015-PPM.
Persoa interesada: Damián Rodal Ramos.
NIF: 77002931N.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ Diego Carmona, nº 43, Baiona.
Expediente: PSC-PO-0252/2015-PRE.
Persoa interesada: Carlos Víctor Moreira da Rocha.
NIF: 34633038Y.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: avenida de Laza, nº 146, 3º J, Verín.
Expediente: PSC-PO-0255/2015-COP.
Persoa interesada: Gregorio Pérez Bravo.
NIF: 52496994T.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ Pintor Laxeiro, nº 57, 2º C, Pontevedra.
Expediente: PSC-PO-0272/2015-PPM.
Persoa interesada: Francisco Javier Díaz Otero.
NIF: 76862763Y.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ Barqueiras, nº 17, O Grove.
Expediente: PSC-PO-0274/2015-PPM.
Persoa interesada: Eduardo Díaz Otero.
NIF: 76934033E.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ Barqueiras, nº 17, O Grove.
Expediente: PSC-PO-0284/2015-PPM.
Persoa interesada: Santiago Eiroa Vilas.
NIF: 35281068B.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: lugar Meiro, nº 56, Bueu.
Expediente: PSC-PO-0292/2015-PPM.
Persoa interesada: Gregorio Pérez Bravo.
NIF: 52496994T.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ Pintor Laxeiro, nº 57, 2º C, Pontevedra.
Expediente: PSC-PO-0301/2015-PPM.
Persoa interesada: Iván González García.
NIF: 76925737Y.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ Portugal, nº 10, 3º A, Pontevedra.