Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27833

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de decreto de insolvencia (ETX 87/2015).

Ana Mª Navarro Gómez, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 87/2015, por instancia de Emilio José Pérez Cebrián, contra a executada Mi Merida SC/Bar Jans, sobre reclamación de cantidade, foi ditado o día 11 de xuño de 2015 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, polo importe de 1.500 euros de principal, máis 150 euros que provisoriamente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2015

A secretaria xudicial