Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27834

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de decreto de insolvencia (ETX 9/2015).

Declaración de insolvencia.

Ana María Navarro Gómez, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña),

Fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 9/15, por instancia de Philipp Lukas Frommenwiler contra a executada Activ Solar Energietecnik GMBH, sobre reclamación de cantidade, foi ditado decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, polo importe de 83.805,67 euros de principal, máis 8.380,57 euros que provisoriamente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria. E de conformidade co art. 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2015

A secretaria xudicial