De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado a Construcciones Serjoda, S.L., con CIF B84431485, por non ter sido posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido, sito na rúa Cadena, 4, local 1, 28770 Colmenar Viejo (Madrid), e téndose publicado no DOG núm. 165, do 1 de setembro de 2014, e posteriormente no taboleiro de anuncios do Concello de Colmenar Viejo a orde dirixida á dita mercantil para que procedese, nun prazo máximo de cinco días, a desaloxar a superficie ocupada sen autorización con entullo procedente de execución de obra no porto de Vilaxoán.
O importe dos custos derivados da retirada de entullo da zona portuaria de Vilaxoán, executada de maneira subsidiaria pola Zona Sur de Portos de Galicia, ascende á cantidade de douscentos cinco euros con setenta céntimos de euro (205,70 €), IVE incluído.
A reclamación efectúase ao abeiro da regra novena de aplicación a tarifa E-2 que se recolle na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
Na súa virtude, requírese a Construcciones Serjoda, S.L., con CIF B84431485, para que proceda nos prazos previstos no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, a aboar a cantidade de douscentos cinco euros con setenta céntimos de euro (205,70 €), IVE incluído.
Para o pagamento da dita cantidade deberá empregarse o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos na Área Central, praza de Europa, portal 5-A, Santiago de Compostela, número de teléfono 902 40 08 70.
De non aboarse a dita cantidade no prazo sinalado, esta será exixida pola vía de constrinximento.
O expediente completo encóntrase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia, onde poderá ser examinado das 9.00 ás 14.00 horas.
A reclamación que efectúa a Dirección do ente público e que ten eficacia executiva non esgota a vía administrativa, polo que contra ela cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente de Portos de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación.
E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2015
José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia