1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Servizo de Contratación.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
4) Teléfono: 881 54 36 35.
5) Telefax: 881 54 27 62.
6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.
d) Número de expediente: AB-SER1-15-020.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: servizo de consultoría para a adaptación do modelo dos nodos de innovación do Servizo Galego de Saúde aos requirimentos das normas UNE-EN ISO 9001:2008 e UNE 166.002:2014, dentro do proxecto Innova Saúde, subproxecto IS-11-espazos de innovación en servizos asistenciais.
c) División por lotes: non.
d) Prazo de execución/entrega: será o ofertado polo adxudicatario e non poderá superar os tres meses desde a súa formalización.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 79132000-8.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, se é o caso:
Concepto |
Puntuación |
Criterios valorables de forma non automática (sobre B). |
0-50 |
Documentación técnica revisada e adaptada aos requisitos do Servizo Galego de Saúde e as normas ISO 9001:2008 e UNE 166.002:2014. |
0-30 |
Modelo de xestión e dirección do proxecto: planificación e cronograma, delimitando as fases, plan de participación de recursos así como a definición de fitos e entregables. |
0-10 |
Actividades formativas propostas idóneas para o Servizo Galego de Saúde e non recollidas no deseño técnico. |
0-7 |
Elaboración do cadro de mandos global de seguimento dos proxectos. |
0-3 |
Criterios valorables de forma automática (sobre C). |
0-50 |
Oferta económica. |
0-50 |
4. Valor estimado do contrato: 60.000 euros.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 60.000 euros. Importe total: 72.600 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación, excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2.d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Admisión de variantes, se procede: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.
11. Outras informacións:
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2015
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos