Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 2 de xullo de 2015 Páx. 27648

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1208/2014 PM).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1208/2014 PM

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 702/2010 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrente: Servizo Público de Emprego Estatal

Recorridas: Laboratorios Diasa Pharma, S.A., Soledad Felisa Anguiano Igea

Avogado: Fernando Escariz Fernández

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1208/2014 desta sección, seguido por instancia do Servizo Público de Emprego Estatal contra a empresa Laboratorios Diasa Pharma, S.A., sobre desemprego, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que con estimación en parte do recurso interposto polo Servizo Público de Emprego Estatal, revogamos a sentenza que con data 10.10.2013 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, por instancia de María Soledad Anguano Ingea, e declaramos que o período de prestación se incrementará só en cento vinte días (120 días); manterase o resto de pronunciamentos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Laboratorios Diasa Pharma, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de maio de 2015

A secretaria xudicial