Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 2 de xullo de 2015 Páx. 27650

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3414/2014 MCR).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3414/2014 MCR

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 180/2014 Xulgado do Social número 2 de Ourense

Recorrente: Fogasa

Recorrido: Adega do Emilio, S.L., Kelle Cristina Alves

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Terceira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3414/2014 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra Kelle Cristina Alves, Adega do Emilio, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Aclarar a nosa sentenza do 18 de novembro de 2014 en recurso de suplicación número 3414/2014 e, en consecuencia, condenamos o codemandado-recorrente Fondo de Garantía Salarial a aboar os honorarios de letrado da demandante-impugnante en contía de cincocentos cincuenta euros (550 €).

Notifíqueselles ás partes advertíndolles que contra esta resolución non cabe recurso ningún, salvo o que coubese contra a resolución aclarada.

Así, por este o noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Adega do Emilio, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de xuño de 2015

A secretaria xudicial