Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 2 de xullo de 2015 Páx. 27679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 16 de xuño de 2015, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican os requirimentos de pagamento realizados ás persoas que prestaron caución en expedientes sancionadores por infracción da normativa en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente LU-01553-O-2009 e catro máis).

As resolucións ditadas nos expedientes sancionadores número LU-01553-O-2009 e catro máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, son firmes. As persoas sancionadas non aboaron as multas impostas. En consecuencia, requírese o seu pagamento ás persoas que figuran como caucionistas nos referidos expedientes.

Intentada a notificación do requirimento por correo certificado con xustificante de recibimento no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os requirimentos de pagamento aos caucionistas.

O importe da sanción deberá ser aboado dentro do prazo establecido no artigo 62 Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º en Santiago de Compostela. Para o cómputo do referido prazo terase en conta a data de publicación do presente anuncio no BOE.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2015

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Caucionista

Último enderezo coñecido

LU-01553-O-2009

84-DS-41

Garda Civil 2701 F02025Q

Sociedade de Transportes Rodaviarios, Lda

Serra Pinto, Lote A-2º

2640-534

Mafra, Serra Pinto, Lote A-2º

Realizar transporte público de mercadorías, en vehículo pesado, carecendo de autorización.

24.8.2009; 10.00.00; LU-861; 5,15

Art. 140.1.9 LOTT Art. 197.1.9 ROTT

Art. 143.1.i) LOTT Art. 201.1.i) ROTT

4.601

Quinta Piular, S.L.

Rúa Concepción Arenal, 3, 6º

36201 Vigo (Pontevedra)

OU-00732-O-2007

73-BV-42

Garda Civil 3203 L24919Z

Alc. Transp. Internacionais, Lda.

Barrio da Devesa, Lote 2

4860 Cabeceiras de Basto, Portugal

Non levar inserida no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que esta non conste no seu poder.

17.2.2007; 19.21.00; N-532; 3,5

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001

Grupo Intergesaco

Avenida Madrid, 120

30500 Molina de Segura (Murcia)

OU-01410-O-2006

64-27-TZ

Garda Civil 3203 V-46236-Y

Álvarez Crespo Palmas Ttes., Lda.

Av. S. Teotonio-Ed. Status

49/55-1º

4930 Valença, Portugal

Carencia significativa de follas de rexistro, ou de datos rexistrados no tacógrafo ou nos cartóns dos condutores que exista obrigación de conservar na sede da empresa.

20.3.2006; 16.00.00; A-52; 124,0

Art. 140.21 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001

Luís Óscar Huidobro Alonso

R/ Quevedo, 21

09002 Burgos (Burgos)

XC-00313-O-2010

BR-FV-50

Garda Civil 1503 N-41519-R

Esco Bv

Anthony Fokkerweg 14B

1422 Ulthoorn

Nederland (Holanda)

Non levar inserido no tacógrafo a folla de rexistro ou tarxeta de condutor durante a prestación do servizo ou non ter efectuado os documentos imprimidos ao inicio e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou en caso de que esta non conste no seu poder.

3.12.2009; 12.00.00; A-6; 583,0

Art. 140.22 LOTT

Art. 197.22 ROTT

Art. 143.1.h) LOTT Art. 201.1.h) ROTT

3.301

Biostim, S.L.

R/ Príncipe de Asturias, nº 39

41720 Los Palacios y Villafranca

Sevilla

XC-00314-O-2010

BR-FV-50

Garda Civil 1503 W-59971A

Esco Bv

Anthony Fokkerweg 14B

1422 Ulthoorn

Nederland (Holanda)

Manipulación do tacógrafo (marca, modelo, nº de serie e nº de homologación do tacógrafo) consistente en corte do xerador de impulsos do tacógrafo.

3.12.2009; 17.00.06; A-6; 583,0

Art. 140.10 LOTT

Art. 197.10 ROTT

Art. 143.1.i) LOTT Art. 201.1.i) ROTT

4.601

Biostim, S.L.

R/ Príncipe de Asturias nº 39

41720 Los Palacios y Villafranca

(Sevilla)