Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 2 de xullo de 2015 Páx. 27677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 20 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifica a Resolución do 7 de maio de 2015 ditada no expediente sancionador en materia de xogo P-4/14.

Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación a Leoncio Feijoo Lamas, en relación co expediente sancionador en materia de xogo P-4/14 que se relaciona no anexo que se xunta, non foi posible efectuala, polo que esta Dirección Xeral de Emerxencias e Interior acorda proceder á notificación da dita resolución por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Pontevedra, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro). A eficacia deste anuncio queda supedita á súa publicación no Boletín Oficial del Estado e producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación.

O interesado poderá examinar a citada resolución completa no servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma, 25-27, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra a resolución do expediente indicado, que non esgota a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, podendo interporse o dito recurso ou calquera outro que considere pertinente ao seu dereito ante esta dirección xeral e/ou ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2015

Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: P-4/14.

Interesado: Leoncio Feijoo Lamas.

DNI/NIF: 35311626W.

Último enderezo coñecido: rúa Carlos I, 13, 36004 Pontevedra.

Data da resolución: 7 de maio de 2015.

Sanción: caducidade.